Por terceiro ano consecutivo, fixemos a Ruta do Mariscal. O día
presentouse ben, non facía sol pero tampouco chovía, un clima perfecto
para camiñar. A xente pouco a pouco foi chegando ó Castelo, onde
seríamos transportados á Frouxeira, onde comezaríamos a ruta. Este ano
asistimos aproximadamente trinta persoas de diversos puntos da
comunidade.
Comezamos a ruta arredor das 10:00, subindo a onde estivera o castelo
do mariscal, dende onde se poden apreciar unhas fermosas vistas do
val, de Foz e Mondoñedo. Aquela parecía ser unha boa fortaleza, sendo
mínima a posibilidade de que colleran ó mariscal se non fose pola
traición dos seus criados.
Comezamos a baixar cara o castelo onde se celebra o mercado medieval.
O descenso foi longo e lento debido á pendente, o cal propiciou
algunhas caídas. Cando chegamos á fábrica de Damián fixemos unha
pequena parada, e tras isto xa seguimos á beira do río.
Decidimos tomar unha cervexa fría en "La naranja", pero por desgracia
estaba cerrado. Seguimos andando, pois xa estábamos cerca do noso
destino, onde nos esperaban cervexa e bolos preñados, rematando así a
andaina.
Esperemos que para o ano que ven aumente a participación.
Angel Rivas
jueves, 21 de julio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)